Triqueta Verde S. L. U. é unha empresa especializada na edición, produción e distribución de libros, películas e contidos dixitais para o público infantil, xuvenil e adulto. As compras realizadas neste sitio web quedan supeditadas á lexislación vixente do dereito español, someténdose aos Xulgados e Tribunais competentes da cidade de Pontevedra.

PREZOS E PRODUTOS

Os prezos de todos os produtos inclúen IVE e son os vixentes salvo erro tipográfico. Poden existir lixeiras variacións no aspecto final do produto respecto ás fotografías que se mostran.

Os prezos dos produtos poderán variar sen previo aviso. A dispoñibilidade dos produtos poderá mudar sen previo aviso.

As ofertas son válidas mentres estean publicadas na web ou até esgotar existencias.

COMPRA MÍNIMA

Non se fixou un importe de compra mínima para os produtos de Triqueta Verde S. L. U.

GARANTÍAS E DEVOLUCIÓNS

Triqueta Verde aceptará a devolución do produto durante un prazo de 10 días a partir da recepción do pedido. Os artigos deben estar na súa embalaxe orixinal.

Os gastos de devolución serán asumidos por Triqueta Verde no caso de produtos defectuosos ou erro no envío. En caso de devolución voluntaria por parte do cliente, será este quen asuma os custos de transporte e devolución. O importe devolverase tan pronto se reciba o produto e se comprobe que se encontra en perfectas condicións.

No caso de asumir Triqueta Verde os gastos de transporte, a mercancía deberá ser enviada pola mesma axencia que realizou o envío.

Conforme á lei, non se admitirán devolucións de obxectos que, pola súa natureza, non se poidan devolver ou que fosen desprecintados, agás nos casos nos que a mercancía chegue rota ou defectuosa. Neses casos, é preciso que o comuniques a Triqueta Verde nun prazo de 5 días naturais desde o momento da entrega.

Para efectuar unha devolución debes enviar un correo electrónico ao enderezo clientes@triquetaverde.com ou comunicalo a través do formulario de contacto, indicando os seguintes datos:

Nome

Correo electrónico

Teléfono

Referencia do pedido

Describa a causa da devolución

Un membro do noso departamento de Atención ao cliente porase en contacto contigo.

O enderezo de envío para os artigos devoltos é:

r/ Salamanca 1 (local 2)

36211 Vigo (Pontevedra)

España

FORMAS DE PAGO ACEPTADAS

TPV Bancario: Poderás pagar comodamente coa túa tarxeta de crédito e sen riscos grazas á Pasarela de Pago (ou TPV virtual). É un sistema que garantiza a seguridade nas súas transaccións por Internet.

A transmisión dos datos da túa tarxeta farase a través de conexión segura SSL, que encripta os datos de forma que sexan inaccesíbeis a outras persoas. No momento de indicar os datos da túa tarxeta, poderás identificar que estás baixo unha conexión segura porque o enderezo do navegador empeza por https:// e non por http://, como é habitual. Ademais, aparecerá un pequeno cadeado pechado na parte inferior do seu navegador. É importante sinalar que, ao ser comunicados os datos da túa tarxeta directamente ao banco por conexión segura, en ningún momento temos acceso directo a eses datos (nin nós mesmos nin ninguén que non sexa o banco) e, do mesmo xeito, tampouco poderán ser almacenados na nosa base de datos. Nós tan só recibimos unha mensaxe do banco indicando a validez ou non da túa tarxeta.

PAYPAL: O sistema de pago PayPal permite realizar pagamentos aos usuarios con conta PayPal. As contas PayPal están vinculadas a unha conta bancaria ou tarxeta de crédito do usuario. Triqueta Verde non ten acceso a ningún dato financeiro destes usuarios.

ENVÍOS

Os envíos realizaranse a toda Galicia, España, Europa, América do Norte, Canadá, América do Sur e Asia.

Os artigos comprados entregaranse no teu domicilio nun prazo máximo de 10 días en Galicia, España e Portugal, e de 15 días no resto de Europa, América do Norte, Canadá e América do Sur e Asia a través dunha compañía de transportes.

Os gastos de transporte son por envío de até 3 libros.

Galicia e España: Gratuíto

Internacional: 22 €

Envíos superiores a 10 libros é preciso contactar con Triqueta Verde

Garantías do envío: O pedido chegará en perfectas condicións ao seu domicilio. Se non fose así e os artigos mostrasen evidencias de danos durante o envío, cambiarémoscho sen ningún custo. Neste caso é indispensábel que se indique no apartado de observacións do documento de entrega do transportista calquera incidencia na mercancía recibida ou na súa embalaxe. Igualmente deberás comunicar a Triqueta Verde a incidencia. Consulta o apartado de garantías e devolucións.

LEXISLACIÓN

A empresa móstrase suxeita á lexislación española e sométese á intermediación da Xunta Arbitral de Consumo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para calquera diverxencia que xurda do presente contrato, ambas partes se someten expresamente e con renuncia ao seu foro propio aos xulgados e tribunais da cidade de Pontevedra.

DATOS DE CONTACTO

Para calquera dúbida sobre as condicións e termos de venda podes porte en contacto con www.triquetaverde.com nos seguintes enderezos:

Atención ao Cliente: Telf.:  886 134 197

clientes@triquetaverde.com

r/ Salamanca 1, 36211 Vigo (Pontevedra) – España

O noso horario de atención é: LUNS a VENRES de 9.30 a 14 e de 16 a 20 horas