ILLAS Á VISTA!
Prepárate para coñecer en detalle e percorrer un lugar do que seguro oíches falar moitas veces…
Na costa atlántica de Galicia espérate unha maravillosa aventura percorrendo as illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada que forman parte do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O único en Galicia que ten unha diversidade de flora e fauna moi particular.
Coñece detalladamente todo o que teñen e podes visitar, así como as normas e materiais necesarios para facer a tua propia ruta.
Cunhas lentes de mergullo poderás descubrir os seus sorprendentes fondos mariños que están cheos de vida e cor.
Adéntrate na súa historia e busca tu propia aventura ata debaixo da auga. Esperante lendas, camiñatas,natureza e moitos datos que quizais non sabías deste parque tan especial.
POR QUE É ESPECIAL ESTE LIBRO?
Un libro divulgativo e natural para coñecer a fondo o que é un parque nacional marítimo- terrestre.
Un percorrido polas illas atlánticas de Galicia da man de Rena Ortega, especialista en divulgación natural.
Contén toda a información para gozar das excursións ás illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada acompañados dos máis pequenos.
Coñecer a historia, a fauna, a flora e multitude de datos curiosos para sacar o máximo partido ás túas visitas este verán.