1. INFORMACIÓN XERAL
O sitio web www.triquetaverde.com é responsabilidade de Triqueta Verde, S. L. U. B27734334, empresa con domicilio social situado na rúa Salamanca n.º1 (local 2).

Datos de contacto:
TRIQUETA VERDE, S. L. U. – CIF: B-27734334
r/ Salamanca, 1 C. P.:36211, Vigo
Teléfono: (986) 886 134 197
Correo electrónico: clientes@triquetaverde.com

2. DATOS DE INSCRICIÓN
Esta entidade está inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra,
tomo 3088, folio 1, folla PO-37638.

3. USUARIOS
O acceso ao sitio web de Triqueta Verde, S. L. U. atribúe a condición de usuario ou visitante e implica a aceptación de todas as condicións expresadas no presente Aviso Legal.

4. DEREITO DE USO LIMITADO
Non se permite a copia, reprodución, publicación, modificación, distribución ou traslado a outros sitios web dos contidos deste portal sen a previa autorización por escrito de Triqueta Verde, S. L. U.

5. CONTIDOS
A información (textos, imaxes, vídeos, etc.) que contén este sitio web ten propósitos unicamente informativos. O acceso do usuario a esa información non xera relación comercial, contractual ou profesional entre os usuarios e Triqueta Verde, S. L. U. Triqueta Verde, S. L. U. resérvase o dereito a modificar ou eliminar todo ou parte do contido do dominio web sen previo aviso.

6. COMUNICACIÓNS
Agás os datos persoais, cuxa protección se regula nun apartado posterior, as comunicacións que estableza o visitante deste portal a través dos medios proporcionados para os efectos non se consideran confidenciais nin privadas. As informacións proporcionadas polo visitante poderán ser utilizadas para calquera fin que non contraveña a lei. Por outra banda, o visitante comprométese a non difundir a través deste portal ningunha información que sexa contraria á lei e á honestidade, particularmente información difamatoria, daniña, perigosa para os menores, obscena, falsa, enganosa ou que atente contra os dereitos de privacidade ou propiedade intelectual de terceiras partes. De o facer, o visitante será o único responsábel e será perseguido pola lei. Triqueta Verde, S. L. U., non poderá ser culpado nin principal nin subsidiariamente en relación con iso.

7. ENLACES A OUTROS SITIOS WEB
Esta páxina pode prover enlaces a outros sitios web que son propiedade de terceiras partes. Triqueta Verde, S. L. U. non controla eses sitios e, polo tanto, non se fará responsábel de ningún dano que poida sufrir o usuario como consecuencia de entrar nesas páxinas a través dos enlaces deste sitio web, incluídos os derivados a situacións ilegais, ilexítimas ou perseguíbeis que poidan existir neles.

8. MARCAS REXISTRADAS
Aínda que non se especifique concretamente en cada caso, as marcas que aparecen nesta páxina, tanto as propias da empresa como as de terceiras partes, teñen carácter de protexidas. Polo tanto, o usuario non poderá facer uso de ningunha delas sen o consentimento previo e escrito do seu propietario.

9. PROTECCIÓN DE DATOS
A efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e na Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), Triqueta Verde, S. L. U. informa ao usuario da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para a devandita empresa e baixo a súa responsabilidade, no que se manterán mentres se consideren útiles para a exclusiva finalidade de xestionar os datos co fin proposto no sitio. Triqueta Verde, S. L. U., tomará todas as medidas que estime oportunas para evitar que os datos persoais do visitante vaian parar a outras mans alleas á relación que se mantén entrambos. A información persoal recollida ten como finalidade que Triqueta Verde, S. L. U. lles ofreza aos seus usuarios o mellor servizo posíbel, realizar os servizos contratados ou contactar co usuario para cuestións derivadas da propia relación que se estableza entre ambas as partes. Por iso, salvo que se reciba notificación escrita en contra por carta (dirixida ao enderezo que se achega no dispositivo 1 desta nota legal ou por Correo electrónico / Fax ), cos seguintes datos e asinada: nome e apelidos do usuario, enderezo a efectos de notificación, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou do Pasaporte e petición na que se concreta a solicitude (en caso de representación, deberá probarse a mesma mediante documento fidedigno), o visitante autoriza a Triqueta Verde, S. L. U. a utilizar a súa información persoal para prestar os seus servizos, incluído o uso para o envío de material informativo e o acceso aos datos imprescindíbeis dos usuarios a terceiras empresas contratadas para ofrecer algún servizo unido á actividade do centro como os de comedor, actividades extraescolares e semellantes. Triqueta Verde, S. L. U. non venderá nin alugará esa información a terceiras partes. Deste xeito, Triqueta Verde, S. L. U. informa ao usuario sobre a posibilidade que o asiste de exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición ou cancelación dos seus datos persoais.